APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO ECOLÓXICO
Este luns visitamos aos nenos e nenas de 4 anos do noso cole para iniciar un proxecto que durará todo o curso e que pretende diminuír o plástico e demais residuos que traemos nas merendas.
Comezamos preparándolles e entregándolles unhas follas de árbore a cada afillado/a para que pegasen na árbore que teñen na aula cada semana, se alcanzan o obxectivo de traer merendas sen residuo á escola, xa sabedes, nada de aluminio, nin film, nin botellas de plástico,etc.
Estes pequechos contáronnos como contabilizan o seu residuo e como o separan, tamén en que colector hai que tirar o lixo. Un exemplo disto é que cos iogures, antes de tiralos ao colector amarelo os lavan. Que responsables!!!
A partir de agora, os venres dous de nós iremos a supervisar como vai a cousa e ademais axudarémoslle a tirar o lixo nos colectores correspondentes.
Tamén nos contaron que na clase a súa mestra organizou os equipos de traballo con animais en perigo de extinción, para ter unha mellor conciencia da necesidade de entre todos e todas salvar o planeta, non contaminando e coidando o que temos.
Agardamos impacientes ver como as nosas árbores se enchen de follas para que coa chegada da primavera se transformen en árbores reais no patio do noso centro!
GRÁFICA DE MERIENDAS SIN RESIDUO DEL 1 AL 5 DE OCTUBRE.
Meriendas sin residuo semana17-21 de septiembre
MERIENDAS RESIDUO CERO
Residuo total de la semana 17-21 de septiembre
mércores 26 de setembro de 2018
Facemos a gŕafica do lixo do 17 ao 21.
Datos:
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
residuo
total 6 3 2 3 1
residuo
reciclable 6 7 7 5 6
sin
residuo 4 7 10 11 7
Fixemos a gráfica entre todos e , de momento, de forma analóxica.
Gañamos unha folla para o noso carballo!
Nota: grazas ás familias pola colaboración.
setembro 2018
Estreamos sección: “RESIDUO CERO”!!! Ao longo do curso irémosvos contando como imos progresando neste ámbito.
Como xa sabedes o noso proxecto pon especial
énfase , entre outros aspectos, na ECOLOXÍA,
estamos concienciados/as de que o respecto e amor pola natureza é un dos
alicerces básicos que adoptamos como eixes da nosa educación.
Por iso este curso damos un paso máis é
convertémonos en axentes de cambio, imos intentar REDUCIR OS RESIDUOS que xeran
as nosas merendas no cole.Para iso levamos a cabo un rexistro diario no que
catalogamos os alimentos e bebidas do seguinte xeito:
R.T.: residuo total
(por exemplo: papel aluminio, film transparente…)
R.R.:
residuo reciclable (brics de zume, vasos de iogures…)
S.R.: sen
residuo (froita, alimentos gardados en fiambreiras, cantimplora para as bebidas…)
Os venres valoramos como foi a semana e facemos
unha gráfica coa evolución que imos tendo nas clases. Se tódolos días as nosas
merendas foron maioritariamente “residuo cero” conseguimos unha folla de
carballo para pegar nun mural que temos no corredor. Ao longo do curso intentaremos
encher de follas a nosa árbore e darlle vida real plantando un carballo no
patio do noso centro.
Acabamos de comezar e xa as nosas merendas foron
maioritariamente residuo cero tódolos días desta semana!!!Bravo por estes alumnos
e as súas familias que contribúen ao coidado do planeta.
Dicir que con este pequeno gran proxecto ademais
desenvólvese o pensamento crítico e a capacidade de decidir, foron moitas as reflexións
que tivemos esta semana en canto ao CONSUMO RESPONSABLE e o DESENVOLVEMENTO
SOSTIBLE , aquí vos deixo algunhas das súas preguntas e conclusións:
-
Sae
máis barato mercar produtos a granel que produtos que veñen envasados en
plásticos individuais.
-
Eses
produtos ademais adoitan ser máis insáns e contaminantes, é preferible levar
unha peza de froita.
-
Se traemos
unha cantimplora con auga para beber na clase estamos aforrando unhas cinco
botellas de plástico á semana.
-
…
Ademais disto como este ano somos os maiores do cole,
APADRIÑAMOS ao alumnado de 5º de educación infantil, que tamén levarán a cabo
este proxecto coas súas mestras, sendo reforzados por nós. E tamén convidamos ó
resto do centro, tamén participarán o alumnado de 3º a 5º por agora, quen sabe
se a final de curso xa seremos todos e todas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario