Páginas

viernes, 23 de noviembre de 2018

ELIMINEMOS O 25N

Este ano volvemos realizar un vídeo para reivindicar a desaparición deste día, loitemos contra a violencia de xénero!

Nun primeiro momento, realizamos un estudo sobre o número de mulleres asasinadas por comunidade autónoma e por mes no noso país no que levamos de 2018.

Máis tarde elaboramos unhas presentacións de diapositivas para mostrar esta información ao resto de compañeiros e compañeiras, así como un MAPA MURAL no que se recollen tamén estes datos e que amosamos na entrada do noso centro. Para finalizar esta tarefa, pensamos e redactamos unhas frases que reflicten as nosas ideas e conclusións ao respecto.



Aquí vos deixamos a nosa achega en forma de vídeo.
Agardamos que vos guste!





 Por outra banda, imos xuntarnos co resto do alumnado do noso cole para cantar  a canción "A voz das amigas "de Leilía, como farán o resto de centros educativos de Torneiros.

O obxectivo que perseguimos é que ESTE DÍA DESAPAREZA DO CALENDARIO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario