miércoles, 29 de mayo de 2019

FINALISTAS no I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera


      Onte unha representación do alumnado de 6º, Lía, Nerea e Sara (Felipe non puido), fomos convidados á entrega de Premios do I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera, xa que fomos seleccionados como FINALISTAS. Que emoción!!!

     Cando chegamos ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, recibíronnos con música en directo, coa emisión do Podcast gañador pola Radio Galega en directo, cun  montón de nenos e profes asistentes..., e tamén con autoridades como o presidente da Real Academia Galega,o presidente de Fundación Antonio Fraguas,  o Secretario Xeral de Política Lingüística, etc.

     Fomos galardoados cun DIPLOMA, unha chea de libros e unha escultura feita pola Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e baseada na figura de  Xosé Mosquera, tamén coñecido como "O vello dos contos", propulsor da radio en galego.

   A idea de presentarnos a este concurso xorde da nosa implicación nos traballos sobre Antonio Fraguas, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas que fixemos os alumnos e alumnas de Cooltureco.

   Por iso, este premio é de todos e todas!!




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario