CON ACEESCA

Abrimos nova sección para dar cabida e mantervos informados das actividades que ao longo deste ano levaremos a cabo cos nosos veciños e compañeiros de ACEESCA.

21 de novembro de 2018

Hoxe convidamos aos amigos de ACEESCA para colaborar nun proxecto común que pretende  frear o cambio climático reducindo a contaminación a través do RESIDUO CERO (explicación desta iniciativa no post anterior).

Quedamos encantados de volver a atoparnos e ver caras coñecidas, coma por exemplo a de Iván , un ex alumno deste cole, Iago, que xa nos acompañou nunha anterior visita, Óscar, Rubén, Patri, Carla, Jorge, Roberto, Alonso...

Propuxémoslle que no seu cole tamén leven a cabo este programa e teñan a súa propia árbore na que vaian pegando follas, entregámoslle algunhas decoradas por  nós para que se animen a facelo e así consigan plantar unha árbore real no seu centro a finais de curso.

Ademais sorprendéronnos cunha xenial presentación sobre como recollen o lixo orgánico, o papel e os plásticos na súa escola. Parece que o teñen moi ben organizado, cun horario, material..., PARABÉNS!

Por último, tamén lles ofrecemos que recollan periódicamente o compost que fagamos no colexio para abonar a súa horta.

Estamos moi ilusionados/as por continuar este proxecto con eles!!!















1 comentario: