Este ano volvemos realizar un vídeo para reivindicar a desaparición deste día, loitemos contra a violencia de xénero!
Nun primeiro momento, realizamos un estudo sobre o número de mulleres asasinadas por comunidade autónoma e por mes no noso país no que levamos de 2018.
Máis tarde elaboramos unhas presentacións de diapositivas para mostrar esta información ao resto de compañeiros e compañeiras, así como un MAPA MURAL no que se recollen tamén estes datos e que amosamos na entrada do noso centro. Para finalizar esta tarefa, pensamos e redactamos unhas frases que reflicten as nosas ideas e conclusións ao respecto.
Aquí vos deixamos a nosa achega en forma de vídeo.
Agardamos que vos guste!
Por outra banda, imos xuntarnos co resto do alumnado do noso cole para cantar a canción "A voz das amigas "de Leilía, como farán o resto de centros educativos de Torneiros.
O obxectivo que perseguimos é que ESTE DÍA DESAPAREZA DO CALENDARIO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario