miércoles, 19 de diciembre de 2018

SEGUIMOS CO AMADRIÑAMENTO-APADRIÑAMENTO: NATURIZO CHEGOU!

Volvemos xuntarnos outra vez cos nenos e nenas de 4 anos para presentarlles a NATURIZO, un ourizo cacho da Serra de San Mamede, en Ourense que busca un fogar para pasar o inverno.

Preguntámoslles se querían quedar con el na súa clase, claro que teñen que coidalo moi ben!!! Eles, por suposto, aceptaron a proposta cun SIIIIIII rotundo.

Ademais aproveitamos a ocasión para amosarlles o primeiro libro dunha estupenda colección: UN AGASALLO PARA NATURIZO.

Máis tarde entregámoslles un regalo personalizado para cada un deles, levan para as súas casas o seu propio NATURIZO xunto cunha landra, por se lle entrase a fame, hehehe!

Non puidemos marchar de alí sen mover os cuciños e cantar ao son da canción de Naturizo chegou!

Finalmente, despedímonos cunha superaperta e co compromiso de seguir léndolles estas historias e coñecendo máis amigos deste ourizo para o vindeiro trimestre.

Para rematar deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos xuntos esta mañán!


1 comentario:

  1. Ola rapazada somos Alba e Javi os creadores de Naturizo. Que ilusión ver que Naturizo sae da serra de San Mamede e chega ós colexios de toda Galicia.
    Noraboa pola iniciativa e a seguir lendo e coidando do medio ambiente así de ben.
    Apertas de ourizo.
    Naturizo, Alba e Javi

    ResponderEliminar